Os arquivos subidos á forxa no formato Markdown pódense editar directamente sen ter que borrar a antigua versión e subir unha nova versión. Para iso temos na interfaz de usuario a opción de editar, como se mostra na seguinte captura:
Temos a posibilidade de incorporar diversos elementos relacionados co estilo do noso texto: negrita, cursiva, tachado, distintos niveis de encabezado, comillas, viñetas, ligazóns, imaxes, táboas, liñas, etc.
O funcionamento desta barra de estilo non é diferente ao da calquer editor de textos gráfico que estamos acostumadas a usar. Sin embargo hai algunhas diferencias en relación á posibilidade de achegar imaxes directamente desde o editor da interfaz. A continuación facemos un percorrido polos pasos a dar:
Se prememos directamente o botón da barra de estilo:
Veremos insertado no noso texto algo como o seguite:

Teremos que sustituir o texto 'http://' que está dentro do paréntese pola URL da imaxe que queremos insertar e engadir entre os corchetes un texto descriptivo (opcional) para a mesma, que se visualizará no caso de que haxa algún problema para cargar a imaxe no navegador web. Quedando ao final como segue:

Pois ben, diredes algunhas, como obteño a URL da imaxe que quero insertar? Podemos atoparnos con dúas opcións:
-
O primeiro a ter en conta é se temos permiso para usar a imaxe. Se a imaxe é nosa (tirámola nós ou alguén do noso equipo que nos deu permiso para o seu uso) non deberíamos ter ningún problema para achegala, alén de ter ademáis o permiso das persoas que aparezan nas fotografías para publicalas no caso de que se trate unha fotografía de persoas e se poidan identificar.
-
Unha vez que sabemos que temos permiso para usar a imaxe ou fotografía procederemos a subila á Forxa. Para iso temos unha opción na interfaz. Navega ata o cartafol onde queres subir a túa imaxe e preme o botón subir arquivo, situado na parte esquerda da pantalla xunto a outro que di novo arquivo:
- Unha vez que premamos o botón accederemos á seguinte pantalla, onde poderemos especificar un cartafol específico para a nosa imaxe dentro do cartafol onde xa estábamos e ademáis engadir unha mensaxe para caracterizar a nosa achega:
- Cando a imaxe que queremos insertar xa está na Forxa teremos que averiguar cal é a súa URL pública e isto o facemos premendo no botón que di
RAWxusto ao carón do botón de edición:
- Deste xeito estamos accedendo ao enderezo do elemento en crú (raw en inglés) e isa URL, a que agora amosa a barra de enderezos do noso navegador, é a que temos que insertar como o enderezo web da nosa imaxe.
- Neste caso dependerá do sitio web onde está aloxada a imaxe pero con carácter xeral (cumplíndose incluso para o anterior suposto de que a imaxe esté aloxada na Forxa) obteremos a URL dun elemento premendo sobre este co botón dereito do rato e seleccionando
copy link locationou a mensaxe que o noso navegador web utilice para iso.





